Si quieres colaborar con noticias o articulos no dudes en eviarlos a nuestro email.

(Para retirar cualquier información o imagen relativa a su persona envienos un correo a baloncestozonal@gmail.com)

martes, 11 de junio de 2013

Macedonia será o rival de España na Coruña

Froito do convenio asinado a pasada tempada coa Coruña como Cidade Asociada á Copa do Mundo 2014 e á colaboración de GADISA a Selección Masculina xogará na cidade galega dentro da Xira Ñ13.

España enfrontarase a Fyrom (Macedonia) na Coruña o 20 de agosto segundo desvelou o Presidente da Federación Española de Baloncesto, José Luís Sáez, nunha roda de prensa celebrada esta mañá na cidade Herculina e na que estivo acompañado polo Alcalde de A Coruña, Carlos Negreira; o Presidente da Federación Galega, Francisco Martín Micó; e o Presidente de Supermercados GADISA, Roberto Tojeiro.

A Coruña é a primeira sé que se fai pública dentro dunha Xira que comezará a mediados de agosto e que asegura a súa presenza en terras galegas durante tres anos, xa que a RutaÑ12 xa visitou Coruña nun partido amigable fronte a Arxentina e, grazas á colaboración de GADIS, ampliouse o compromiso para as rutas Ñ13 e Ñ14.

SÁEZ: A CORUÑA É UNHA REFERENCIA NO BALONCESTO ESPAÑOL

"Por historia e presente Coruña é unha cidade referente no baloncesto Español. Esta terra deu grandes xogadores, adestradores e directivos, está traballando moi ben desde fai algúns anos e a tempada do seu primeiro equipo na Adecco Ouro, con Carlos Lamora á cabeza, esta tempada foi un exemplo" manifestou o Presidente José Luís Saéz.

NEGREIRA: ESTAMOS FELICES POR VOLVER A ACOLLER Á SELECCIÓN

Mentres que o Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, destacou "o importante impulso que supón para a cidade volver ter á mellor selección de Europa entre nós. Estamos felices por volver gozar de España e agradecidos á FEB e a Supermercados GADISA pola súa axuda. Agora tocaranos seguir traballando para ser uns perfectos anfitrións".

Fuente: Fegaba.com
Leer más...

Carlos Cortes responde en el "Uno contra Uno" de Taboas.org

Trascribimos la entrevista concedida por Carlos Cortes a Taboas.org

ENTREVISTA CARLOS CORTÉS – ÁRBITRO DA LIGA ENDENSA E ÁRBITRO INTERNACIONAL FIBA
Carlos Cortés
Carlos Cortés
Falamos con Carlos Cortés, árbitro da Liga ENDESA un mes antes do comezo dos Playoffs polo título.
Coruñés de 38 anos, árbitro ACB dende 2005 e internacional dende 2010 ven de pitar competicións europeas e recentemente a F4 de Euroliga feminina en Rusia.
Vinculado ao mundo da canastra dende fai moitos anos é tamén adestrador en Maristas Coruña, e está cursando o Ciclo de Técnico Deportivo Superior en Baloncesto no IES Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa.
Afable e tranquilo, as palabras “respecto” e “traballo” son dúas das súas preferidas.
Comecemos polo principio… Cómo foron os teus primeiros contactos co mundo da canastra? Eras xogador? Afeccionado?
Comecei xogando no equipo do instituto e a partires de aí engancheime ao tema de arbitraxe. Un par de compañeiros tiñan irmáns que estaban arbitrando daquela, e un día do Minibasket no que se precisaba un montón de xente para arbitrar pediron colaboración á xente do equipo e a partires de aí quedei enganchado.
Isto foi con dezaoito anos xustos.
Polo que se ve enganchoute… Qué ten o baloncesto e a arbitraxe para engancharte tanto e converterse no teu modo de vida?
Primeiro gústame o deporte, calquera deporte, eu xoguei ao fútbol toda a vida, pero fixen de todo, practiquei case todos os deportes, natación, volleyball, hockey,…, pero o baloncesto en si enganchoume pola arbitraxe.
Ao ser algo máis individual, o afrontei como tento sempre afrontar as cousas, tentando facelo o mellor posible, é algo que depende de min, que si me formo, adestro e practico podo seguir progresando.
O de adestrar é “secundario”, non porque teña menos importancia, pero eu o fago co obxectivo de coñecer máis e mellor o xogo e aplicalo á arbitraxe. Evidentemente gústame facelo e axúdame moito, e quizáis algún día cando deixe de arbitrar igual sigo adestrando con maiores aspiracións, pero agora mesmo estou centrado na arbitraxe.
E se tiveras que elixir….
Agora, evidentemente arbitrar, vivo disto e son árbitro profesional, pero tamén teño que dicir que adestrando hai momentos na pista nos que gozo moitísimo, con diferentes sensacións que arbitrando pero coa mesma intensidade.
Ese foi o inicio, mais logo tiveches que pasar por distintas etapas e categorías para chegar a onde estás agora.
Logo dos meus inicios naquel día do mini, apunteime a un curso con todos os compañeiros de aquel equipo, aínda que a día de hoxe solo quedo eu arbitrando… Fixemos un curso de tres meses, que non tiña moito que ver co que hai agora, e que basicamente consistía en ler o regulamento. Iamos artigo por artigo lendo o regulamento e comentando situacións que poderían ocorrer en partido.
Logo destes dous meses comezamos a arbitrar minibasket, que en Coruña xogábase en concentracións, polo que quedabamos sábados e domingos pola mañá e a arbitrar partidos e partidos de minibasket. Así estivemos dous anos.
carlos5 (2)
Carlos Cortés sinalando unha persoal.
Logo pasei ao colexio de árbitros e a pitar categorías superiores, e aos dous anos no comité ascendín a autonómica durante un ano, logo primeira nacional ano e medio, e tiven a experiencia de ir a tres campionatos de España, un mini e dous cadetes, que é un dos mellores recordos que teño, porque é cando comezas a coñecer xente, formas de traballo, intercambias experiencias, etc. E aquí foi onde engancheime por completo, e onde percibín que os niveis eran moi parecidos e que si traballaba e poñía empeño podería seguir mellorando.Antes parecía que o arbitraxe de elite estaba centralizado en Barcelona, Madrid, escola Canaria, e neses campionatos coñecías a xente de todas as comunidades e cun nivel moi parecido, percibindo que si traballabas podías chegar.
Logo, no ano 2000 ascendín a Liga EBA, estiven unha tempada, e tiven a sorte de arbitrar un montón de partidos con Carlos Souto, que me levou da man e co que aprendín un montón ese ano.
O ano seguinte estiven en LEB2 e logo dous anos en LEB1.
Nese último ano creo que teño o récord de partidos arbitrados para a FEB, porque arbitrei 65 partidos para a federación, entre EBA, Liga Feminina2, Liga Feminina1, LEB2 e LEB1, … Nin eu mesmo era consciente, pero creo que fixen catro tripletes ese ano…
E de aí o ascenso á ACB, que foi un pouco sorpresa… Eu non contaba con ascender, e tampouco se comentaba ou escoitabas rumores, que sempre hai. Foi unha grata sorpresa, aínda que o ascenso non fose un obxectivo como tal, xa que non depende de un, senón que son outros os que o deciden. Eu centrábame en facelo mellor cada día e aproveitar as oportunidades que xurdan, pero non no ascenso, xa que non é algo que dependa de ti e non sabes os criterios que se empregan para decidir.
E estar na ACB é xa o máximo na arbitraxe, e xa empezas a valorar outras cousas, porque é unha competición distinta, moito máis exixente, con máis presión por parte dos medios de comunicación, con máis medios técnicos para analizar e mellorar as túas actuacións, etc., polo que a preparación ten que ser completamente diferente.
Pasaches por distintas estruturas e competicións FEB e agora se fala de reestruturacións, cal pensas que podería ser unha solución á situación actual?
É complicado, pero creo que se podería avanzar en varios sentidos.
En canto a competicións houbo unha idea moi boa de levar o baloncesto a tódolos lugares de España, con equipos en primeiras competicións como as LEBs, chegando a crearse incluso a LEB Bronce no seu momento, pero penso que fallou o apartado da xestión. Aínda que foran equipos profesionais nunha segunda, terceira ou cuarta liga, a súa xestión non foi a de equipos profesionais, faltaron patrocinios, etc.
Penso que moitos equipos gastaron máis cartos dos que podían e tiveron falta de previsión. Así, cono no resto de ámbitos os equipos máis sensatos e ben xestionados son os que continúan, e outros que tentaron manterse na elite a base só de axudas institucionais ou subvencións, son os que o están a pasar peor ou incluso desapareceron.
Creo que tal e como están as cousas nestes momentos se precisa dunha reestruturación do baloncesto nacional, xa que quedaron moitas vacantes en ligas como a LEB ou Liga Feminina, sendo os maiores prexudicados os xogadores españois.
Non sei cal sería a mellor fórmula, pero habería que reforzar as primeiras divisións do baloncesto nacional, e partires de aí crear as seguintes en función da demanda e tendo en conta unha estruturación deportiva lóxica, xa que unha competición con once ou doce equipos non parece nin axeitada nin digna para unha potencia en baloncesto como España.
En todos eses anos de formación, e os que estás a vivir agora, estás a coñecer todas as dimensións da arbitraxe. Cales pensas que son as características esenciais para ser un bo árbitro?
Primeiro habería que definir que é “ser un bo árbitro”. O que chega arriba? Eu penso que non.
Penso que un bo árbitro, da categoría que sexa, ten que ter unhas características persoais coma calquera outro deportista no relativo ao respecto, humildade, ser traballador, constante, respectuoso,… A nivel técnico penso que é moi importante darte conta da competición que arbitras e adaptarte a ela. Por exemplo, eu en Coruña pido non arbitrar partidos de sénior zonal porque non son capaz de cambiar o meu “chip” e sigo aplicando criterios de outras competicións, e ás veces se montan líos tremendos por pitar non sei cantas técnicas, e non porque eu saiba mais ca eles, senón porque os deportistas están acostumados a outro tipo de arbitraxes nesa competición e a min cústame cambiar o meu criterio arbitral. E hai moi bos árbitros nesas competicións que saben levar os partidos moito mellor, e solucionar os problemas cun xesto, unha palmada,…
Tamén penso que é fundamental coñecer moitísimo o xogo. Todos os árbitros temos un bo coñecemento das regras, pero penso que hai movementos e cousas do xogo que se descoñecen un pouco, e moitas veces se sinalan situacións que si se coñecese mellor o xogo non se sinalarían. Por iso penso que os árbitros debemos tentar mellorar a nosa formación en relación ao xogo.
Carlos Cortes Lagun Aro
Carlos Cortés nun Lagun Aro GBC – Fiat Mutua Joventut
A nivel psicolóxico ou mental penso que é moi importante o adestramento, xa que a arbitraxe baséase en procesos decisionais case inmediatos.
E moi importante estar concentrado en onde tes que estar situado, a onde tes que mirar en cada momento, de apreciación… E a partires de aí son procesos mentais e decisionais que hai que executar en medio segundo. En cada acción temos que levar a cabo todo ese proceso para decidir si temos que sancionar algo ou si foi unha acción legal. Por iso é moi importante o adestramento, para adquirir hábitos e automatismos, xa que non podemos estar pensando en todos eses pasos, temos que mecanizalos para poder tomar decisións correctas e rápidas. A este nivel tamén é moi importante a dimensión da autoconfianza á hora de tomar decisións.
Polo que dis, ademais dos coñecementos técnicos, son necesarios uns atributos persoais para poder ser árbitro. Cómo te definirías como árbitro?
Tentando definirme con poucas palabras, e tampouco sei en qué orde as poría…, considérome tranquilo e moi autocrítico. Tranquilo na pista, ás veces demasiado…, un pouco máis de “sangue” en certos momentos iríame mellor, e moi autocrítico en todo o que fago, o que ás veces tamén me pesa… Eu analizo todos os partidos que arbitro, as xogadas, as decisións,…, está claro que temos que traballar coa análise do erro, pero ás veces eu doulle moitas voltas ás decisións que tomo no partido, non durante o partido, no que trato de manter a concentración e confianza, pero si despois. Analizo os vídeos, os motivos do erro, as posibles solucións e as formas de traballalo para evitar que se repita, machácome moito con iso… Así como aos éxitos ou acertos non lle dou moita importancia aos erros si que lle dou moitas máis voltas…
No ano 2005 debutas como árbitro na Liga ENDESA (ACB), unha das mellores do mundo, qué sentiches no teu primeiro partido?
A ver, non foi cando máis nervioso estiven na ACB… A verdade é que creo que o tomei bastante ben para ser o meu debut e tiven a sorte de facelo con dous compañeiros con moita experiencia (Mitjana e Requena) o que me axudou. Foi un Joventut – Manresa.
Cando empezas nunha competición nova, que antes seguías pola televisión, tratas de entrar a modo, respectando a todo o mundo, sen facer ruído e adaptándote ás novidades.
Logo, nesa mesma tempada si que tiven momentos peores, de “baixón” cando ves que non saes todo o contento que te gustaría dalgún partido, cando ves que hai partidos moi complicados de arbitrar, de dúbida… Algúns días chegabas a casa e te preguntas se realmente vales para isto e se estás ao nivel da liga. Como te dicía, son moi autocrítico, e como moito a cabeza…, pero por sorte tamén son moi exixente comigo mesmo e a solución que tomei foi superar iso con máis traballo para acadar o nivel que hai que ter nesta competición.
Cando si sentín algo distinto foi no meu primeiro partido de Copa do Rei, porque é unha competición distinta, todo o mundo está pendente do baloncesto, a miña primeira Copa, primeiro partido…, pero unha vez que comezou o partido foi coma outro calquera.
Qué foi o que máis te sorprendeu da ACB?
A nivel de xogo a principal diferenza é a rapidez coa que se xoga. A LEB é unha liga moi boa que non ten nada que envidiar a outras ligas europeas de primeiro nivel, pero é certo que a ACB vai por diante, cunha notable diferenza, principalmente na velocidade do xogo.
Outra cousa que me sorprendeu é o cambio de actitude que hai a partires do parón pola Copa do Rei. Cando se retoma a competición todos os equipos apretan moitísimo tódolos anos… O primeiro obxectivo de todos ou case todos é a Copa do Rei, e a partires de aí cada un busca o seu obxectivo con moita máis dureza e intensidade, xa sexa xogar playoff polo título ou salvar a categoría. Por iso pódense dar resultados algo inesperados nese período de competición, xa que o xogo endurécese e cada un busca o seu obxectivo con todas as súas forzas. A cada xornada que pasa queda unha menos para tentar acadar unha vitoria máis e todo o mundo deixa todo na pista para conseguilo.
E a nivel profesional, qué foi o que mais te sorprendeu cando pasaches a ser árbitro ACB?
A nivel profesional, no traballo dos árbitros poucas diferenzas hai. Hoxe en día cos medios que hai xa nas competicións FEB traballábamos moi ben, con vídeos e outros medios para formarnos.
Na ACB seguimos nesa liña, traballamos con vídeos a través da web, vemos o noso partido e facemos un autoinforme, a ACB tamén emite un informe sobre o partido cunha valoración, e logo da apoio noutras facetas como na preparación física e psicolóxica e técnica. Hai un departamento técnico co que podes falar e consultar calquera dúbida que xurda.
A arbitraxe é unha grande descoñecida para o gran público, pero os árbitros tamén adestrades e preparades os partidos, sodes un equipo arbitral. Cóntanos cál é ese proceso de preparación e cómo o facedes.
Pois si, como o resto de deportistas nós adestramos, pero a principal diferenza é que non temos un adestrador como tal nin temos un manual de cómo formarnos. Así que ademais do departamento técnico ou doutras referencias técnicas que podas ter, tes que ser un pouco autodidacta, cada un ten que coñecerse a si mesmo e formarse en consecuencia.
Eu penso que hai unhas cuestións básicas como son a preparación física e o coñecemento do regulamento. 
jkH3R9dTQKIA-2n3aq46JJo2bmK8C04aVPkEAT9dJ0w
Eu trato de estar en boa forma, adestro tódolos días, vou ao ximnasio, adestro de forma específica para os esforzos aos que teño que someterme, sprints, esforzos de corenta/cincuenta segundos que son os propios do xogo,…

A nivel de coñecemento do xogo adestrar, aínda que sexa na base, axúdame moito. Tamén estudo a liga na que arbitro. Non fago scouting de equipos ou xogadores, pero si que vexo partidos e analizo o xogo. Non se trata de analizar e ter expectativas do que vai pasar porque xa o viches antes, porque o xogo vai cambiando e os equipos modifican o seu xogo xornada a xornada en función de moitas cousas, pero si penso que é bo coñecer o xogo e xogadores da liga na que participas. Hai que prepararse par ler o xogo, e non ir con ideas preconcibidas do que fai un equipo ou xogador.
Logo, una vez que recibimos a asignación, poñémonos en contacto para organizar a viaxe, podemos comentar algunha cousa durante a semana, pero en xeral é unha preparación máis individual de saber a qué equipo vas arbitrar, trascendencia do partido, clasificación, etc., penso que é moi importante ter toda a información posible.
O día anterior ao partido xa estamos todos xuntos e na cena xa comentamos algunhas cousas do partido e logo, hora e media antes do partido, no vestiario xa comezamos a traballar o partido, repasar cousas do noso traballo.
Logo desa preparación ven o partido. Qué é o máis importante aí?
Que gañe quen teña que gañar.
Equivocarnos ímonos a equivocar, pero o máis importante é que as nosas decisións non decidan o partido. Poucos partidos se deciden por unha decisión dun árbitro, sexa acertada ou errónea, pero eu penso que ningunha acción é gratuíta, unha terceira falta ou cuarta nun momento determinado…, por iso penso que é moi importante.
O erro forma parte do deporte e da arbitraxe, pero hai que tentar que eses erros non determinen o resultado final. Se non houbese erros isto non sería deporte, nin arbitraxe e probablemente non seríamos necesarios, porían unha máquina a arbitrar e acertaría sempre.
En moitas canchas ACB hai moitísima presión por parte do público, cómo se xestiona iso?
Eu penso que a iso xa estamos máis que acostumados.
Unha vez que comeza o partido non te enteras. Unha frase que usamos moito é que “o ruído é só ruído”. Cando estás na cancha estás concentrado no que tes que facer e cando tomas unha decisión a tomas porque pensas que é a acertada. Igual que os xogadores que intentan meter cando lanzan, nós tentamos acertar nas decisións que tomamos, e estamos concentrados niso.
carlos2 (2)
Carlos xunto cos seus compañeiros do trio arbitral durante un partido.
A nivel de xestionar o tema da presión tamén son moi importantes os compañeiros do trío arbitral. Cando te xuntas cos compañeiros axúdante dándote a súa visión, algún consello, algunha frase,… Aí o árbitro principal, que é o que máis experiencia ten, leva un pouco a batuta, e moitas veces alucino con algún compañeiro que en base á súa experiencia sabe xestionar moi ben as situacións, e incluso é capaz de anticiparse ao que vai suceder nun final apretado ou nunha situación concreta.
Neste sentido é moi importante saber transmitir tranquilidade aos compañeiros, saber qué palabras e frases utilizar con cada quén, un pouco como un adestrador…, ás veces é mellor unha palabra de ánimo, e outras un grito ou un xesto.
Supoño que ó igual que adestradores e xogadores terás canchas onde te atopes máis cómodo ou te atraia máis arbitrar, cal é ou son as túas canchas favoritas, ou onde te gustaría arbitrar algún día?
Non. Para min todos os partidos son importantes, e unha vez que entras na cancha todas son iguais. A presión, bendita presión, da Liga ACB  nótase en tódalas canchas por igual, e unha vez que comeza o partido todas son iguais.
Evidentemente, a nivel de experiencia persoal e para mellorar como árbitro, pois si que te gusta pitar partidos en canchas históricas, con moito público, con ambiente e historia de baloncesto. A primeira vez que pitei en Istambul pois había cinco mil persoas pero un ambiente que é moi difícil ver aquí con moita máis xente no pavillón. Son experiencias bonitas e que te fan crecer como persoa e como árbitro.
Fai pouco participaches na F4 de Euroliga feminina en Rusia, cómo foi a experiencia?
Foi moi positiva.
Carlos Cortes fem
Carlos Cortés nun partido de competición europea feminina.
A min o baloncesto que xogan as chicas, non me gusta diferenciar entre baloncesto masculino e feminino, gústame moito. Adestro rapazas e cando arbitraba liga feminina gustábame moito.Os primeiros anos que arbitrei en ACB botaba en falta arbitrar nesa competición polo ambiente que ten, a relación con xogadoras, a convivencia, o ambiente é totalmente diferente.
En Rusia, poder estar coa elite, cos oito mellores equipos de Europa, que a FIBA conte contigo para estar aí e arbitrar en case todas as xornadas da competición é un orgullo.
A nivel de arbitraxe, qué diferenzas hai entre o baloncesto masculino e feminino?
Evidentemente hai diferenzas físicas, teñen menos forza, son máis lentas, pero suplen iso con movementos que non existen no baloncesto masculino, e son cousas que me gusta ver. Hai xente que menospreza un pouco o baloncesto feminino, pero a min particularmente gústame facer o contrario, que é por en valor estas diferenzas como algo positivo.
A nivel de arbitraxe non hai moitas diferenzas salvo as que marca o propio xogo e as cualidades físicas das xogadoras.
Cales son as principais diferenzas entre a competición doméstica e as internacionais?
Non hai moitas. Hoxe en día o baloncesto está bastante globalizado e é moi parecido. Actualmente por exemplo xógase moito bloqueo directo para tentar sacar vantaxe, outros anos facíanse máis outras cousas, son modas que van evolucionando.
Ademais de ser árbitro profesional e ter o teu traballo, sacas o título de técnico superior en baloncesto e adestras equipos de rapazas,…, cómo o fas?
A ver, en canto a adestrar, estou adestrando chicas pero como segundo adestrador e tentando axudar ao club en todo o que poida… Gustaríame poder exercer de primeiro adestrador e ser a referencia dun equipo, pero a día de hoxe é imposible… Ser primeiro adestrador permite fixar as normas, pautas, xogo de equipo e ter maior ascendencia sobre o grupo, e no meu caso, aínda máis xa que aos xogadores atráelles moito o feito de que poida estar arbitrando hoxe un partido a xogadores ACB e mañá os poida estar adestrando a eles.
A miña faceta agora é axudar en tódolos equipos nos que colaboro, benxamín, infantil e cadete, e tamén cos adestradores en cuestións de regulamento, situacións de pasos, etc, e a nivel organizativo colaboro na creación dos campus.
Fago todo o que podo facer, xa que non teño tempo para facer máis… Dáme moita pena non poder dirixir un equipo as fins de semana, porque traballo toda a semana con elas e gustaríame poder compartir tamén os momentos de partido, pero o tempo é o que é, e resulta imposible… Facendo o que fago xa lle quito moito tempo a miña vida persoal, á familia, á moza,…
Falemos da túa faceta de adestrador, cómo deches ese paso?
Comecei, dende o primeiro momento, coa idea de aplicalo a arbitraxe. E penso que é moi útil, e é algo que tódolos árbitros deberíamos facer, así como cursos de adestradores, clínics,…
IMG_7712
Árbitro e adestrador, pizarra e silbato.
Xa dende que comecei a arbitrar preocupeime de ir a clínics, cursos de adestrador, e seguir formándome en baloncesto, en coñecer o xogo. Fai un montón de anos non era tan sinxelo como agora con internet, pero xa nos meus comezos fixen algunha escapada a Madrid a algún clínic da Asociación Española de Adestradores de Baloncesto cun compañeiro adestrador.
A partires de aí, seguín formándome en cursos, pero tamén vendo moitos partidos e incluso adestramentos de equipos sempre que podo.
Cando comecei a sacar o título de adestrador había unha parte práctica, e aí engancheime un pouco, vin que me gustaba adestrar, pero sempre coa idea principal de aproveitar a formación de cara á arbitraxe.
Na actualidade levo dúas temporadas en Maristas, e anteriormente cinco anos en Básquet Coruña nos equipos de base (benxamín, alevín, infantil). Neste primeiro ano cun equipo cadete noto que hai diferenzas, tanto pola maior capacidade física e técnica como pola variedade e complexidade táctica,  mentres que ata o de agora o traballo que facía era basicamente a nivel de fundamentos.
Qué é o que máis te gusta de adestrar?
O que máis me gusta de adestrar é adestrar equipos de base, e femininos.
Cando estaba en Calasanz adestraba rapaces, pero gústame máis adestrar rapazas e en categorías base, sendo a miña categoría favorita a infantil, que é cando máis gozo.
Como adestrador qué tipo de baloncesto te gusta practicar?
Gústame moito presionar en defensa un contra un, meter moita presión sobre o balón.
É unha idea de club que comparto totalmente, presión e responsabilidade individual un contra un evitando que me supere, traballo de liñas de pase, e a partires de cadete xa comezamos o traballo de axudas, pero sempre desde a idea de que non me superen no un contra un.
E a partires de aí, en ataque que corran…, a idea é correr, correr e correr, e se non hai contraataque buscar situación de vantaxe con balón a partires do un por un.
Nestas idades non damos moitos máis conceptos tácticos, máis adiante si, pero partimos da idea principal de que a vantaxe a ten que xerar o xogador con balón, e os adestramentos os baseamos niso.
Comezaches a falar pola defensa…
Para min é básico.
A idea do club e das propias xogadoras é esa, atacar a partir de defender. Algunha vez tentamos traballar defensa 1-3-1  que aínda que é zonal é agresiva e todo o mundo está moi activo, e as propias xogadoras prefiren non defender en zona, gústalles defender individual, a toda pista, saltar e cambiar,…, o teñen moi interiorizado e non se ven defendendo en zona.
Comentabas que exercer como adestrador e árbitro axúdate á hora de arbitrar,en qué cres que te axuda máis?
Axúdame en todo, pero a nivel táctico é o máis difícil e no que aínda teño moito que mellorar. Nos movementos máis habituais como bloqueos directos, saídas de carretóns, etc., a miña experiencia como adestrador xa me vai axudando un pouco a ver que esas situacións se van producir, anticiparme, etc.
IMG_7707
Carlos Cortés é, ademáis de árbitro, adestrado no club Maristas de A Coruña.
Pero no que me axudou moito foi na toma de decisións á hora de sinalizar certas accións de técnica individual, a fixarme moito nos pés de pivote, en si o xogador ten ou non control do balón, non quedarme en sinalizar calquera movemento raro que vexa na pista, senón tentar de analizar a acción técnica polo miúdo.
E ao revés …, axúdate como adestrador o feito de ser árbitro?
Penso que a min non tanto,…, pode ser que aos compañeiros adestradores e aos xogadores aos que adestro lles axude máis que a min mesmo.
Moitas xogadoras cando executan algunha acción técnica nun adestramento me preguntan se fixeron pasos, ou se nun partido lles sancionan uns pasos búscanme coa mirada para saber a miña opinión. Confían moito en min neste sentido.
Aos compañeiros axúdolles moito en cousas técnicas, pero tamén en xestión de partidos co tema dos árbitro, a cómo dirixirse aos árbitros con respecto, a non facer xestos nin berrar,… Para min a protesta, como protesta, non debería existir no deporte, pero entendo que si se pode e se debe poder ter unha comunicación e intercambiar opinións entre corpo técnico e árbitros.
Ademais de adestrar e arbitrar tamén colaboraches coa Federación Galega na formación de árbitros, cál é a actual situación da arbitraxe en Galicia?
Para min o máis importante é crear unha boa estrutura de formación para os árbitros. Nos anos que estiven como Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, ademais de axudar á xente a progresar a miña idea principal foi esta, crear unha estrutura de formación.
O que me gusta transmitir na arbitraxe é a idea de que con traballo e formación pódese chegar. Se tes unha boa formación, traballas e pos empeño, algún día vas ter unha oportunidade, e ese día tes que estar preparado para aproveitala.
Neste sentido, penso que hai certas carencias a nivel de estrutura. O traballo diario de designacións, análise técnico, …, penso que se leva correctamente, pero queda moito por facer a nivel de estrutura, mellorouse moito, pero aínda queda ata chegar a ser capaces de ofrecer o mesmo a un árbitro de Ourense, A Coruña, Viveiro,…
Parece que a figura do árbitro se respecta cada día máis, pero aínda vense escenas lamentables en categorías base… Que consello lle darías aos árbitros máis xoves para superar estas situacións?
A verdade é que si…
Fai pouco que asistín a unha fase comarcal de minibasket, e o nivel de tensión en tódolos aspectos era exaxeradamente desmesurado, tanto por parte dos pais como dos adestradores, e en consecuencia nos rapaces que xogaban…
Deume moita pena ver as faltas de respecto a nivel xeral que vin nese pavillón, e a nivel de árbitros tamén.
A miña recomendación é que se fagan respectar. Que teñan a personalidade suficiente para facerse respectar no que fan, penso que é fundamental.
E a xogadores, adestradores e pais?
Pois un pouco o mesmo, que respecten o deporte e ás persoas que forman parte del…, xogadores, adestradores, rivais, árbitros,…
O bonito do deporte é iso, ser capaz de competir dende o respecto e gozar facéndoo.
Aproxímase a parte final da tempada, qué obxectivos tes para o futuro tanto arbitrando como adestrando?
gnMf-POvOYEnV65IWtzRr6bFqZRo9n682tSr9PplOa0
Carlos co dorsal 44.
A corto prazo, aos dous niveis, chegar tan lonxe como podamos nas competicións que temos, tanto arbitrando como adestrando.
A medio ou longo prazo, na arbitraxe seguir progresando, ser mellor partido a partido e aproveitar as oportunidades que poidan xurdir, e todo o que veña será ben recibido.
A nivel de adestrador o máximo sería participar nun campionato de España, o que a estas alturas da tempada xa non podemos optar, pero o que realmente nos move adestrando é formar xogadoras, traballar día a día para sacar boas xogadoras nun futuro. Nese sentido estou moi contento e identificado co club no que estou adestrando porque vexo que a filosofía de traballo é esa, que cada día, todas as rapazas sexan un pouco mellores que o día anterior.
BASKETEST
1.- Un xogador.
Drazen Petrovic.
2.- Un equipo.
Dende a tempada 2000 creo que foi, sempre tiña de referencia o equipo do Sondeos do Norte Coruña, que xogaba na LEB1 e adestrado por Javier Castroverde. Era un equipo case na súa totalidade de xogadores galegos e a súa forma de xogo, a pesares de que xogaron o playout esa tempada era moi atractiva para o espectador. Ademais de a nivel deportivo, canda vía o ambiente da Polideportiva de Riazor pensaba se algún dia podería estar nesa cancha pero arbitrando un partido de ese nivel.
3.- Un adestrador de baloncesto.
Difícil,…, para non entrar en polémicas, vou dicir un adestrador que foi moi importante nos meus inicios como adestrador, que é Fernando Buendía, actual adestrador do Basket Coruña de Liga EBA. Para moitas cousas é un modelo para min e sei que para outras eu son modelo a seguir para el. Falamos moito e aconsellámonos mutuamente.
4.- Un recordo en torno ao baloncesto.
Arbitrando o meu primeiro partido na Liga ENDESA, logo na Copa, e logo en Playoff, e o meu primeiro partido Barça-Madrid, pero neste caso polo rebumbio que se montou ao meu redor entre amigos e familiares.
A nivel de adestrador, nunca esquecerei unha final coa selección coruñesa infantil feminina, en Lugo, adestrando con Fernando (Buendía) e contra Vigo, que finalmente perdemos, pero que creo que foi un dos días nos que máis gocei do baloncesto. Loitamos moitísimo, remontamos vinte puntos na segunda parte, con presión a toda pista, correndo,…, foi moi bonito.
5.- Unha máxima como adestrador.
Respecto.
6.- Unha manía como adestrador.
Non teño ningunha. Ah, estou collendo unha, creo, que é sentarme sempre na esquina do banco, como son segundo adestrador…, pero penso que iso non é unha manía…
7.- A acción do xogo que máis te gusta.
Eu gozo coa defensa, con accións defensivas.
8.- Unha sensación nunha pista de basket.
Disfrutar co xogo do teu equipo e ver que saen ben as cousas que levas traballando toda a semana
9. Unha anécdota como adestrador.
Anécdota…, non me dou conta …, pero quero destacar un partido junior en Lugo no que tiven que ir como primeiro adestrador e no que as rapazas estaban tan motivadas e metidas no partido que o único que tiven que facer foron as substitucións.
Foi un gran partido no que a motivación das rapazas por dedicarlle o triunfo o adestrador que estaba lesionado fixo que o meu traballo fora moi sinxelo.
10. Baloncesto FIBA o baloncesto NBA.
FIBA por suposto.
11. Un árbitro.
Quedo con Miguelo Betancor. Cando eu empezaba Betancor estaba no seu mellor nivel e foi un dos meus referentes.
12. Una manía como árbitro.
Poucas, teño algún costume, como arbitrar sempre co mesmo cordel do silbato que foi un regalo dun dos meus profesores, Xosé Carlos Rodríguez cando ascendín a Liga EBA e que ten os enganches en prata e ademais e moi práctico porque non se oxida.
13. Una máxima como árbitro.
A mesma, respecto.
14. Una sensación como árbitro.
A de control e descontrol ao mesmo tempo nun partido. O feito de ter un partido controlado e saber que se pode descontrolar en calquera momento.
15. Una anécdota arbitral.
Sempre conto a mesma… Unha vez tivemos que retrasar o comezo dun partido da LEB case unha hora en Guadalaxara porque a un compañeiro se lle esquecera o pantalón do uniforme… e o retrasamos dicindo que estaba lesionado e o estaban recuperando, mentres esperábamos a que lle trouxeran os pantalóns dende Madrid…
16. Un son nunha pista de baloncesto.
O son por excelencia, o que fai o balón coa rede cando entra.
Leer más...

I Maratón Solidario 3x3 Enfermedades Raras

Dentro del programa social que desarrolla el Básquet Coruña el Club herculino organiza este fin de semana  el “Maratón Solidario a favor de FEGEREC” organizado por el club en colaboración con la Federación Galega de Enfermedades Raras y Crónicas.

La inscripción es gratuita para los participantes, los acompañantes donaran 2 €/persona para FEGEREC. Todos los niños se llevarán llevarán un regalo por participar en la actividad.

OBJETIVOS DEL MARATÓN:

Carácter solidario.

Favorecer la relación entre jóvenes con un mismo interés por el deporte del baloncesto, fomentando la educación en valores (compañerismo, respeto al contrario, puntualidad,…). Una participación cifrada en 200 niñ@s.

DATOS:

Lugar: Frontón de Riazor

Día: Sábado 15 de junio de 2013

Hora: de 10:30 a 13:00

FORMATO DE JUEGO:

Se jugará tres competiciones con las siguientes características, con un mínimo de 3 partidos cada equipo de 8 minutos:

- Categoría Alevín mixto (nacidos en 2001 y 2002), partidos de 3 contra 3, con equipos de un mínimo de 4 y un máximo de 6 jugadores.

- Categoría Benjamín mixto (nacidos en 2003 y 2004), partidos de 3 contra 3, con equipos de mínimo 4 y un máximo de 6 jugadores.

- Categoría Babybasquet mixto (nacidos en 2005, 2006 y 2007), partidos de 3 contra 3, con equipos de un mínimo de 4 y un máximo de 6 jugadores.

Para inscribirse se debe enviar un mail a actividades@basquetcoruna.com indicando el nombre del equipo y de los participantes con sus fechas de nacimiento, antes del jueves día 13 de junio a las 20:00
Leer más...