Si quieres colaborar con noticias o articulos no dudes en eviarlos a nuestro email.

(Para retirar cualquier información o imagen relativa a su persona envienos un correo a baloncestozonal@gmail.com)

miércoles, 16 de marzo de 2011

Hablamos con Fran Lozano entrenador del C.B. Arteixo de Liga FGB

Quedan cuatro jornada para dar por concluida la fase regular de la Liga FGB senior masculina y al frente del grupo Norte, con la clasificación para la fase final en el bolsillo, marcha el Arteixo; conjunto dirigido por el técnico, Fran Lozano.

- Hola Fran. Enhorabuena por el trabajo que está realizando. Ya van cinco temporadas vinculado con el Club Baloncesto Arteixo. En la primera (2006/2007) a pesar de quedar muy lejos de los puestos de descenso, el Club renunció a la categoría ante la incertidumbre mostrada a la hora de renovar los apoyos institucionales ¿Qué se le pasa por la cabeza a un entrenador recién llegado cuando sucede algo así?

Hola a todos.
A min pareceume unha decisión lóxica desde o punto de vista do Club. Despois de coñecer a situación real do Club, penso que foi o máis acertado. Diante de todo teñen que estar os intereses do Club e non de un dos equipos do Club, que en realidade foi a que afectou a medida. Non se pode por a ningún equipo por diante dos demáis e, ainda por encima, o equipo de Liga Autonómica en aquel momento era o máis costoso de todos os do Club.
Desde o punto de vista deportivo é unha mágoa, pero o Club está por encima de todo ...

- Un año en la senior zonal fue suficiente para devolver al equipo a su anterior categoría, algo que ya había logrado tres años antes con el Betanzos, dos temporadas en la senior zonal y dos ascensos ¿Cuál es el secreto?

O segredo é que non hai segredo. O máis importante en un grupo son as persoas que o compoñen e, se tes unhas grandes persoas que ademáis son bos xogadores ao teu carón non queda máis remedio que facelo ben. E de iso, tanto en Betanzos como en Arteixo, hai de sobra.

- Algunos entrenadores, al inicio de la competición, han mostrado su opinión de que la Liga FGB ha perdido nivel respecto a temporadas pasadas, llevamos 17 jornadas de Liga ¿Qué opina al respecto?

Claramente o nivel baixou moito, e non sólo esta tempada e en esta categoría, senon, penso eu, que en todas. Por desgracia, sempre baixo o meu parecer, hai demasiados equipos nas categorías de ámbito autonómico, entre a EBA no grupo galego, a 1ª División e a Liga FGB hai case 50 equipos e, como decía antes por desgracia, non hai xogadores de nivel para tantos.

- El Arteixo ha vivido una de las experiencias más traumáticas que puede pasar un Club, estar en la cima y ver como su proyecto se evapora, marchándose a otro lugar, desde entonces muchos años de penumbras, ¿como ve la situación de su Club en estos momentos?

Eu penso que é bastante boa. Temos un bon gran apoio por parte do Concello, tanto a nivel económico como de organizativo, na parte deportiva temos a tódolos adestradores e adestradoras do Club coa titulación correspodente e moi implicados e bastante xóvenes (todos menos eu), temos aproximadamente 90 xogadores e xogadoras repartidos por tódalas categorías masculinas e ademáis contamos, despois de moito tempo, con un equipo alevín fiminino, facemos un torneo de 3x3 no Nadal, un Campus no verán, estamos a ver a posibilidade de facer convenios con outros Clubs para ver de mellorar a situación global do baloncesto, etc ... e, sobre todo, temos moita axuda e implicación dos xogadores e dos seus pais. Agora estamos a ver de buscar máis axudas económicas para mellorar a calidade das actividades que levamos a cabo.

- Su equipo lo está bordando esta campaña, marcha líder con 16 victorias en 17 encuentros, la mejor anotación y la cuarta mejor defensa de los 24 equipos que integran los dos grupos de la liga autonómica, ¿Podría hablarnos del plantel con el que cuenta?

Antes de nada, e como dicía antes, son unhas grandes persoas, temos unha moi boa relación tanto dentro como fora da pista.

A nivel deportivo, estou moi contento do nivel que temos. A maior parte dos xogadores xa estaban no Club cando eu cheguei e os novos adaptáronse moi fácil e axudáronnos a subir o nivel, que xa era bastante bo. Son, casi todos, xogadores moi completos, ademáis incorporáronse este ano Diego Calvo (Mindi) para o posto de base e Edu Albitre o que nos deu un plus moi grande, ainda que por mala sorte Edu lesionouse de gravidade rompendo o Tendón de Aquiles polo que foi operado fai case tres meses e xa non nos vai poder axudar no que queda de tempada. Despois temos os que xa estaban o ano pasado Manu Pedreira, César Couto, Rober Vilariño, Alvaro Enríquez, Alex Antelo, Sergio Antelo, Guille Conchado, Héctor Bértoa, Jorge Barciela e Adríán Martínez, e tamén estamos contando con Diego Carballada, un xogador do equipo Sénior Zonal que nos bota unha boa man tanto nos adestramentos como nos partidos.

- Con el primer equipo a toda máquina, una instalación deportiva nueva, equipos en todas las categorías masculinas, ¿podría ser un momento idóneo para afrontar un ascenso a la 1ª División Masculina?

En tódalas categorías masculinas e máis en Alevín Fiminino, cousa que é moi importante para o noso Club que sempre tivo equipos fimininos ao largo da súa historia.

O salto de categoría implica moitas cousas, non sólo a nivel deportivo. Na actual situación económica hai que ter moi claro cales son as prioridades e, no noso caso, é a continuidade do Club por encima de calquera dos equipos que o forman, así que, se o acadamos a fin da tempada, xa pensaremos en iso, pero por agora non o estamos valorando moito.

- Ampliando el horizonte de la entrevista, ¿como ve el presente y el futuro del baloncesto de nuestra zonal?

É complicado facer unha análise da situación do baloncesto na Delegación. Hai problemas na arbitraxe coa falta de árbitros e outras cousas, na situación do Deporte Escolar, no calendario das competicións das categorías inferiores que empezan moi tarde e xoganse moi poucos partidos, non hai un sistema de competición definido e duradeiro o que implica que nunca sabes como vaia ser acompetición, en que datas se vai desenvolver, etc... e esto fai que os Clubs estemos un pouco perdidos á hora de preparar todo o que implica a organización dun Club ... Pero bueno, a ver se entre todos podemos ir traballando para que as cousas vaian mellorando.

- Parece que las instituciones federativas están preocupadas con el trabajo de cantera pero normas como la obligatoriedad de dos fichas sub20 en competiciones autonómicas han levantado cierta polémica.

Eu penso que a maneira de coidar a canteira non é a de poñer cupos nin obligar a que se teñan unha, dúas o as que sexan fichas Sub-20. De feito esta norma non fai nin siquera que os xogadores Sub-20 estean nos partidos. Unha solución para isto, que xa se lle comentou á FEGABA, foi que estos xogadores Sub-20 estean na acta do partido e non no tríptico do Club, xa que así estos xogadores poderían ser dos equipos cadetes, junior ou sénior zonal do Club e participarían tanto dos partidos do equipo da 1º División ou da Liga FGB e máis dos partidos dos equipos que lle corresponderían pola súa idade ou polo seu nivel e poderían seguir coa súa aprendizaxe, e non poñelos no tríptico pola idade que teñen e non polo seu nivel co que a súa progresión e aprendizaxe quedaría frenada, xa que non poden participar no seu equipo correspondente.

A mín paréceme que a norma que había fai varios anos que obligaba a ter equipos de categorías inferiores para poder inscribir equipos nas ligas de ámbito autonómico facía bastante máis pola canteira. Tamén creo que se as competicións zonais en categorías inferiores empezaran antes e non estiveran condicionadas polas Ligas FGB tamen sería mellor para o traballo de canteira.

- Para finalizar. Su trayectoria parece ir ratificando su labor como entrenador y aumentando su valor de mercado. ¿Espera alguna llamada o le veremos en el banquillo del Arteixo las próximas temporadas?

En Arteixo estou como na miña casa, rodeado de xente coa que teño unha moi boa relación e facendo as cousas que me gustan, moi implicado en todo o que rodea o Club, son membro da Xunta Directiva, ... O dito estou como na casa, pero nunca se sabe...

1 comentario:

code dijo...

Un camión cargado de sensatez. Falta Fai.