O Club Baloncesto Arteixo organiza, en colaboración co Concello de Arteixo, o VIII Torneo 3x3. Este evento terá lugar o vindeiro 16 de xuño, en horario de mañá e realizarase no Pavillón Ponte dos Brozos.
O torneo ten carácter lúdico con obxeto de que todos, xogadores e xogadoras, así como ós pais, nais, amigos e amigas (de 5 anos en diante) poidan participar e disfrutar dunha mañá practicando este deporte.
Normativa que se indicar no díptico de inscrición:
- Poderá participar neste torneo calquera persoa que o desexe, a partir de 5 anos.
- Os equipos estarán formados por un mínimo de 3 e un máximo de 5 xogadores/as dun grupo homoxéneo en idade. Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos, establecéndose as categorías en función das idades, non do sexo dos participantes.
- As categorías estableceranse da seguinte maneira:
- Pre-benxamín ð Nados no ano 2006 e posteriores(7 anos ou menos)
- Benxamín ð Nados nos anos 2004 e 2005 (8-9 anos)
- Alevín ð Nados nos anos 2002 e 2003 (10-11 anos)
- InfantilðNados nos anos 2000 e 2001 (12 e 13 anos)
- Cadete ð Nados nos anos 1998 e 1999 (14 e 15 anos)
- Junior ð Nados nos anos 1996 e 1997 (16-17 anos)
- Senior ð Nados no ano 1995 e anteriores (máis de 18 anos)
As idades dos compoñentes dos equipos serán homoxéneas, e a poder ser dentro destas franxas. Se é necesario, aceptarase que un xogador poida xogar na categoría inmediatamente superior á que lle corresponda.
- Para inscribirse correctamente débese cubrir o cupón que se achega cos datos de tódolos xogadores, e entregalo na oficina do C.B.Arteixo (no Pazo dos Deportes) ou ben envíalo por correo electrónico a club.baloncesto.arteixo@hotmail.com (máis información en: cb-arteixo.blogspot.com.es)
- O prazo de inscrición remata o xoves 13 de Xuño do 2013.
- Este torneo 3x3 desputarase en horario de mañá.
- Os horarios dos partidos estarán a disposición de todos a partir do venres 14 de Xuño no Pazo dos Deportes de Arteixo, así como o regulamento do torneo. Tamén os enviaremos por correo electrónico a aqueles xogadores que nos faciliten o seu enderezo.
TODOS OS XOGADORES MENORES DE 18 ANOS, DEBEN ACHEGAR A AUTORIZACIÓN ASINADA POLO PAI/NAI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario