Si quieres colaborar con noticias o articulos no dudes en eviarlos a nuestro email.

(Para retirar cualquier información o imagen relativa a su persona envienos un correo a baloncestozonal@gmail.com)

martes, 22 de octubre de 2013

2ª Div. Sen. - O Arteixo cae na súa visita a Santiago

2ª División Senior Masculina: Compañia de María 66 - C.B. Arteixo 51

Partido correspondente á terceira xornada da 2ª división masculina, disputado o sábado ás 20:00 horas no Colexio Compañía de María de Santiago.

Nova derrota para o equipo dirixido por Fran Lozano. Presentábase o equipo en Santiago despois de perder na casa o primeiro partido, coa idea de resarcirse desta derrota, pero non puido ser.

O partido comezou cos dous equipos un pouco fríos e pouco a pouco foron asentándose e anotando con cerca facilidade, pero sen acadar ningún dos dous equipos unha diferenza grande para distanciarse no marcador. Rematou o primeiro periodo 20-15 a favor dos locais.

O segundo periodo foi nefasto para os arteixáns. O equipo só foi capaz de anotar 6 puntos, estando case 8 minutos sen anotar e case sen tirar á canastra, debido ás numerosas perdas de balón que propiciaban canastras moi fáciles para os locais. O equipo xogou sen "chispa" e así ó descanso xa había unha diferenza de 15 puntos (38-23).

Non melloraron as cousas moito no terceiro periodo, e a esto uníaselle a recaída de Manu da súa lesión nos isquiotibiais, que non puido continuar xogando o encontro. Despois de chegar a estar 20 puntos abaixo, unha serie de boas defensas recortaron a diferenza ata os 11 puntos, pero outra vez as perdas de balón volveron a poñer ós locais con 19 puntos de vantaxe, cehgando ó final do periodo cunha vantaxe de 20 puntos (55-35).

No último periodo, os arteixáns intentaron darlle a volta ó marcador, pero non foron capaces de rebaixar máis de 5 puntos a distancia, chegándose ó final do partido 66-51, 15 puntos que deixan á vista que os arteixáns non realizaron un bo partido e perderon con claridade.

A próxima semana, volverán os arteixáns ó Pazo dos Deportes de Arteixo para xogar contra La Salle-Arzúa. O partido será o domingo ás 12:00 horas. Prevese un partido difícil xa que os santiagueses están na primeira posición da clasificación con 3 victorias e sen coñecer a derrota.

Por parte do Compañía de María xogaron Pavón (0), Paz (13), Aldrey (0), Isequilla (6), Brusco (1), Arcas (-), Souto (20), Cerro (-), Zas (17), López (9) e Rey (-).
Adestrador: Manuel López

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Ramón (6), Rober GArnelo (2), Álex Ocampos (7), Guille (7), Manu (5), Lute (7), Rober Vilariño (17), Manu Rey (-) e Fabián (-) .
Adestrador: Fran Lozano

Árbitros: Guillermo Ríos e Manuel Seijo


2ª División Senior Masculina - Resultados y clasificación
COMPAÑIA DE MARIA STGO. - CB ARTEIXO66-5119/10/201320:00
ARZÚA-LA SALLE - C.D.R. FERROL96-5419/10/201318:00
CARBALLO BASKET - CB CULLEREDO68-4419/10/201320:00
CENOR CLUNY - INSTITUTO ROSALIA62-5120/10/201319:00
C.B.CELTAS - PELETEIRO50-6219/10/201318:00
EquipoP.J.P.G.P.P.P.F.P.C.PTO.R.
1PELETEIRO3301921366+3
2ARZÚA-LA SALLE3302421896+3
3COMPAÑIA DE MARIA STGO.3211701585+1
4CARFERLO C.B. VIVEIRO2201411124+2
5INSTITUTO ROSALIA3121972034-1
6CENOR CLUNY3121651734+1
7CARBALLO BASKET3121591864+1
8C.D.R. FERROL3121702304-1
9C.B.CELTAS2111131133-1
10CB CULLEREDO3031541853-3
11CB ARTEIXO2021041222-2

Fuente: C.B. Arteixo

No hay comentarios: