Si quieres colaborar con noticias o articulos no dudes en eviarlos a nuestro email.

(Para retirar cualquier información o imagen relativa a su persona envienos un correo a baloncestozonal@gmail.com)

viernes, 25 de octubre de 2013

A Federación Coruñesa de Grupos de Empresa unen esforzos colaborará co CGAB

A entidade coruñesa vincúlase ao Baloncesto co obxectivo de favorecer a práctica deportiva dos mozos tras a súa incorporación ao mundo laboral, así como na busca do fomento do hábito deportivo en persoas que, por motivos físicos ou técnicos, non tiveron a oportunidade de practicalo na súa xuventude.

A Federación Galega de Baloncesto estreita lazos co mundo da empresa galega e faino, nesta ocasión, a través do seu Comité de Árbitros (CGAB), inmerso na Liga de Basket 2013 - 2014 da Federación Coruñesa de Grupos de Empresa.

Baixo esta premisa, este mesmo sábado, 26 de outubro; colexiados designados polo CGAB tomarán parte da estrea desta particular competición, que conta na presente edición con sete equipos: CHUAC, BBVA, Banco Pastor, Netex, Empregados Municipais, Andaina e Policía Local.

Con sede de xogo no Pavillón Municipal dos Rosales, os participantes darán conta dunha liga regular, con 14 xornadas, seguida dun play off polo título final. Encontros, todos eles, que serán dirixidos por dous árbitros e un oficial de mesa do Comité Galego.

Información Puntual

O decorrer desta Liga, así como das diversas actividades deportivas que leva a cabo a Federación Coruñesa de Grupos de Empresa, pode consultarse na súa web oficial, www.fcge.es

No hay comentarios: