El Arteixo se mantiene líder del Grupo Norte |
Senior 2ª división: C.B.A. 89-46 C.B. Arteixo
Partido disputado o domingo ás 19:00 horas no Polideportivo do Ventorrillo de A Coruña.
Buscaban os xogadores de Fran Lozano conseguir a victoria que confirmase o primeiro posto do grupo norte con vistas a poder ser campións da competición..
Derrota contundente e sen discusión ningunha por 89-46. 43 puntos de diferenza que deixan claro o que pasou no partido. Os locais xogaron dende o principio e os de Arteixo apenas apareceron na pista e, cando o intentaron, o desacerto foi a nota dominante.
O principio do partido xa daba unha idea do que ía pasar: 6-0 con tres canastras fáciles dos locais e dúas perdas consecutivas dos visitantes. Aínda así, ó final do cuarto o resultado era o mellor para os arteixáns, xa que o partido seguía o ritmo marcado por CBA.
O segundo periodo segue polo mesmo camiño, os locais marcan o ritmo e xogan moi fluido, anotando con facilidade en penetracións que non son capaces de parar os arteixáns e grazas tamén a cómodos lanzamentos exteriores. Ó descanso, 17 puntos de diferenza e a sensación de que o partido xa tiña gañador.
Pero o peor estaba por chegar para os arteixáns. Continuos erros no ataque e incapaces de defender medianamente ben, a distancia no marcador foi aumentando e os de Arteixo baixaron os brazos completamente. O resultado ó final do terceiro periodo (68-38) o dicía todo.
Partido
O último periodo segue coa mesma tónica, os locais xogando a pracer e os visitantes agardando que o partido rematase o antes posible.
Ó final, os mencionados 43 puntos de diferenza e unha mala sensación no equipo arteixán.
Aínda con todo esto, o domingo no horario habitual das 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo, o C.B. Arteixo ten a posibilidade de acadar o primeiro posto do grupo se son capaces de gañar ó C.B. I. Rosalía de Castro de Santiago. No caso de ser primeiros, xogaremos contra o primeiro clasificado do grupo sur (Seis do Nadal ou Allariz) a eliminatoria final da liga. No caso de caer derrotados, unha derrota do C.B. Celtas de Foz tamén nos daría o primeiro posto na clasificación.
CBA
Vázquez (16), Cabanas (8), Pernas (16), J Suárez (9), G Suárez (12), X Suárez (22), López (2), Alfaya (4)
Ad: Ramón García
C.B. Arteixo
Rober Garnelo (2); Iván (4); Álex (11); Guille Conchado (5); Manu (8), Edu (11); Rober Vilariño (1); Mindi (2); David (2)
Ad: Fran Lozano
Fuente: C.B. Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario