Roberto Vilariño uno de los destacados por los de Arteixo en un encuentro de la pasada temporada (Foto: C.B. Arteixo) |
Comezou a liga para os xogadores de Fran Lozano despois de descansar na primeira xornada, e foi cunha derrota na casa contra un dos equipos que parten como favoritos, o Caferlo Viveiro, por tres puntos de diferenza.
O partido comezou frío, cos dous equipos faltos de acerto, así o resultado ós 4 minutos de xogo era un pobre 3-2, despois de estar os arteixáns sen anotar ata ese momento. A partires de aí, os ataques asentáronse un pouco e xa se comezou a anotar regularmente sen os erros do principio. Finalizou o primeiro periodo cun 14-18 a favor dos de Viveiro.
No segundo periodo, o marcador seguía igualado con vantaxes moi curtas que se repartían entre os dous equipos, pero os locais recuperaron o marcador para chegar ó descanso con igualdade no marcador (27-27).
O arranque do terceiro periodo foi malo para os arteixáns, o que aproveitaron os visitantes para chegar a ter 9 puntos de vantaxe. Esto fixo que os arteixáns fosen a remolque case todo o periodo, con moitas dificultades para anotar e case sen segundas opcións, xa qeu o rebote era totalmente controlado polos de Viveiro. Aínda así, e con bastante esforzo e sen xogar moi ben, a distancia reducíase a 5 puntos cunha canastra de Ramón sobre a bocina (39-44).
Comezaba o último periodo cos locais 5 puntos abaixo, pero poucoa a pouco a cousa foise igualando e chegouse a falta de 24 segundos co Viveiro 3 puntos arriba. Houbo tiros libres para ámbolos dous equipos ata que, a falta de 12 segundos e con 2 puntos de desvantaxe, os arteixáns non foron capaces de lanzar á canastra debido a unha boa defensa dos visitantes, rematando o partido con 3 puntos de vantaxe para os de Viveiro (53-56)
A próxima fin de semana, o C.B. Arteixo buscará a súa primeira victoria en Santiago, o sábado ás 20:00 horas no Pavillón do Colexio Compañía de María de Santiago.
C.B. Arteixo: Ramón (10), Rober Garnelo (2), Alex Ocampos (6), Alex Antelo (10), Guille (7), Manu (3), Lute (4), Rober Vilariño (9), Mindi (3), Fabián (-)
Ad: Fran Lozano
Caferlo Viveiro: Franco (0), Ferro (12), F Castro (2), Martínez (15), Oruza (11), Piñón (3), Neira (0), Pedrosa (3), Gómez (8), Souto (-), J Castro (2)
Ad: Pablo Novo
Árbitros: Jorge Blanco e Julián Feijoo
Resultados y Clasificación
PELETEIRO - CENOR CLUNY | 59-52 | 12/10/2013 | 18:00 |
INSTITUTO ROSALIA - CARBALLO BASKET | 71-57 | 12/10/2013 | 16:00 |
CB CULLEREDO - ARZÚA-LA SALLE | 60-62 | 12/10/2013 | 20:00 |
C.D.R. FERROL - COMPAÑIA DE MARIA STGO. | 57-49 | 12/10/2013 | 18:00 |
CB ARTEIXO - CARFERLO C.B. VIVEIRO | 53-56 | 13/10/2013 | 12:00 |
Equipo | P.J. | P.G. | P.P. | P.F. | P.C. | PTO. | R. | ||
1 | PELETEIRO | 2 | 2 | 0 | 130 | 86 | 4 | +2 | |
2 | CARFERLO C.B. VIVEIRO | 2 | 2 | 0 | 141 | 112 | 4 | +2 | |
3 | ARZÚA-LA SALLE | 2 | 2 | 0 | 146 | 135 | 4 | +2 | |
4 | INSTITUTO ROSALIA | 2 | 1 | 1 | 146 | 141 | 3 | +1 | |
5 | COMPAÑIA DE MARIA STGO. | 2 | 1 | 1 | 104 | 107 | 3 | -1 | |
6 | C.D.R. FERROL | 2 | 1 | 1 | 116 | 134 | 3 | +1 | |
7 | C.B.CELTAS | 1 | 1 | 0 | 63 | 51 | 2 | +1 | |
8 | CB CULLEREDO | 2 | 0 | 2 | 110 | 117 | 2 | -2 | |
9 | CENOR CLUNY | 2 | 0 | 2 | 103 | 122 | 2 | -2 | |
10 | CARBALLO BASKET | 2 | 0 | 2 | 91 | 142 | 2 | -2 | |
11 | CB ARTEIXO | 1 | 0 | 1 | 53 | 56 | 1 | -1 |
Fuente: C.B. Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario