2ª Div. Junior Masc.: C.B. Arteixo 30 - 52 Maristas Coruña
Comezou a tempada con derrota para o equipo junior ante un Maristas Coruña superior en intensidade durante a maioría do partido.
O partido disputouse o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo, no que había aproximadamente 50 espectadores.
Iniciábase o partido con imprecisións por parte dos dous equipos no lanzamento, tónica que seguiría ó longo do periodo. Os dous equipos estaban moi intensos en defensa e eso motivaba que o marcador non fose moi elevado. Unha tripla de Miguel sobre a bocina, daba unha vantaxe de 4 puntos ós locais ó finalizar o periodo (12-8)
No segundo periodo, volveu o cuarto despistado para os arteixáns, quenes non eran capaces de conter na defensa do 1x1 ós visitante, nin asegurar o rebote defensivo. No ataque os arteixáns non eran capaces de conseguir balóns interiores nin de atacar con boas situacións de 1x1, o que provocaba que os visitantes se fosen despegando pouco a pouco no marcador, deixando o marcador ó descanso nun 16-27.
Á volta do descanso, os arteixáns aumentaron a súa intensidade no xogo, pero seguían sen ver aro con facilidade, o que provocaba que as vantaxes se mantivesen e incluso aumentasen un pouco ó remate do terceiro periodo (22-40).
O último periodo, foi similar ó terceiro. Os visitantes controlando o xogo e o rebote para manter a diferenza no marcador, mentres que os arteixáns querían e non podían disminuir a vantaxe no marcador. Chegouse ó final do partido co marcador de 30-52 a favor de Maristas Coruña.
Hai que lamentar a lesión de Juanlu no último minuto de xogo despois de realizar unha acción cara á canastra e pisar a un xogador rival, o que lle impediu seguir disputando o partido.
A próxima semana, o C.B. Arteixo descansa, reanudando a competición a seguinte fin de semana. O partido será, salvo cambios, o sábado 26 ás 12:00 horas no Colexio Santiago Apóstol de Narón contra o Norinver Narón. Mientras que el Maristas recibirá al Ferrol.
C.B. Arteixo:
Darío, Natahel, Juanlu, Miguel, Leo, Iván, Edu, Eloy, Diego P, Adrián e Fabián.
Non xogaron Jacobo por lesión e Diego F por enfermidade.
Ad: Germán Lozano
Maristas Coruña:
Escariz, Merino, Sández, Seijas, Martínez, Oro, Lago, Dorrego, Oro e Vales.
Ad: C. Illanes
Árbitros: Daniel Rodríguez e Alejandro Sobrino
Resultados y clasificación
C.B. ARTEIXO - MARISTAS CORUÑA | 30-52 | 13/10/2013 | 17:00 |
FERROL C.B. - LICEO LA PAZ | 61-79 | 13/10/2013 | 19:00 |
BASQUET CORUÑA 96 - CB CAMBRE | 52-68 | 13/10/2013 | 12:00 |
Equipo | P.J. | P.G. | P.P. | P.F. | P.C. | PTO. | R. | ||
1 | MARISTAS CORUÑA | 1 | 1 | 0 | 52 | 30 | 2 | +1 | |
2 | LICEO LA PAZ | 1 | 1 | 0 | 79 | 61 | 2 | +1 | |
3 | CB CAMBRE | 1 | 1 | 0 | 68 | 52 | 2 | +1 | |
4 | BASQUET CORUÑA 96 | 1 | 0 | 1 | 52 | 68 | 1 | -1 | |
5 | FERROL C.B. | 1 | 0 | 1 | 61 | 79 | 1 | -1 | |
6 | C.B. ARTEIXO | 1 | 0 | 1 | 30 | 52 | 1 | -1 | |
8 | NORINVER NARON | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Fuente: C.B. Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario