2ª División Senior Masculina: Compañia de María 66 - C.B. Arteixo 51
Partido correspondente á terceira xornada da 2ª división masculina, disputado o sábado ás 20:00 horas no Colexio Compañía de María de Santiago.
Nova derrota para o equipo dirixido por Fran Lozano. Presentábase o equipo en Santiago despois de perder na casa o primeiro partido, coa idea de resarcirse desta derrota, pero non puido ser.
O partido comezou cos dous equipos un pouco fríos e pouco a pouco foron asentándose e anotando con cerca facilidade, pero sen acadar ningún dos dous equipos unha diferenza grande para distanciarse no marcador. Rematou o primeiro periodo 20-15 a favor dos locais.
O segundo periodo foi nefasto para os arteixáns. O equipo só foi capaz de anotar 6 puntos, estando case 8 minutos sen anotar e case sen tirar á canastra, debido ás numerosas perdas de balón que propiciaban canastras moi fáciles para os locais. O equipo xogou sen "chispa" e así ó descanso xa había unha diferenza de 15 puntos (38-23).
Non melloraron as cousas moito no terceiro periodo, e a esto uníaselle a recaída de Manu da súa lesión nos isquiotibiais, que non puido continuar xogando o encontro. Despois de chegar a estar 20 puntos abaixo, unha serie de boas defensas recortaron a diferenza ata os 11 puntos, pero outra vez as perdas de balón volveron a poñer ós locais con 19 puntos de vantaxe, cehgando ó final do periodo cunha vantaxe de 20 puntos (55-35).
No último periodo, os arteixáns intentaron darlle a volta ó marcador, pero non foron capaces de rebaixar máis de 5 puntos a distancia, chegándose ó final do partido 66-51, 15 puntos que deixan á vista que os arteixáns non realizaron un bo partido e perderon con claridade.
A próxima semana, volverán os arteixáns ó Pazo dos Deportes de Arteixo para xogar contra La Salle-Arzúa. O partido será o domingo ás 12:00 horas. Prevese un partido difícil xa que os santiagueses están na primeira posición da clasificación con 3 victorias e sen coñecer a derrota.
Por parte do Compañía de María xogaron Pavón (0), Paz (13), Aldrey (0), Isequilla (6), Brusco (1), Arcas (-), Souto (20), Cerro (-), Zas (17), López (9) e Rey (-).
Adestrador: Manuel López
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Ramón (6), Rober GArnelo (2), Álex Ocampos (7), Guille (7), Manu (5), Lute (7), Rober Vilariño (17), Manu Rey (-) e Fabián (-) .
Adestrador: Fran Lozano
Árbitros: Guillermo Ríos e Manuel Seijo
2ª División Senior Masculina - Resultados y clasificación
COMPAÑIA DE MARIA STGO. - CB ARTEIXO | 66-51 | 19/10/2013 | 20:00 |
ARZÚA-LA SALLE - C.D.R. FERROL | 96-54 | 19/10/2013 | 18:00 |
CARBALLO BASKET - CB CULLEREDO | 68-44 | 19/10/2013 | 20:00 |
CENOR CLUNY - INSTITUTO ROSALIA | 62-51 | 20/10/2013 | 19:00 |
C.B.CELTAS - PELETEIRO | 50-62 | 19/10/2013 | 18:00 |
Equipo | P.J. | P.G. | P.P. | P.F. | P.C. | PTO. | R. | ||
1 | PELETEIRO | 3 | 3 | 0 | 192 | 136 | 6 | +3 | |
2 | ARZÚA-LA SALLE | 3 | 3 | 0 | 242 | 189 | 6 | +3 | |
3 | COMPAÑIA DE MARIA STGO. | 3 | 2 | 1 | 170 | 158 | 5 | +1 | |
4 | CARFERLO C.B. VIVEIRO | 2 | 2 | 0 | 141 | 112 | 4 | +2 | |
5 | INSTITUTO ROSALIA | 3 | 1 | 2 | 197 | 203 | 4 | -1 | |
6 | CENOR CLUNY | 3 | 1 | 2 | 165 | 173 | 4 | +1 | |
7 | CARBALLO BASKET | 3 | 1 | 2 | 159 | 186 | 4 | +1 | |
8 | C.D.R. FERROL | 3 | 1 | 2 | 170 | 230 | 4 | -1 | |
9 | C.B.CELTAS | 2 | 1 | 1 | 113 | 113 | 3 | -1 | |
10 | CB CULLEREDO | 3 | 0 | 3 | 154 | 185 | 3 | -3 | |
11 | CB ARTEIXO | 2 | 0 | 2 | 104 | 122 | 2 | -2 |
Fuente: C.B. Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario