Hortensia Café Montrove 53 - 54 CB Laracha Cervecería m3
Cinco puntos en contra en no basketaverage xeral supoñen tres derrotas para o conxunto de Oleiros mientrés o Larácha suma dous victorias con cuatro puntos a favor.
Un partido marcado pola intensidade defensiva e por ataques ben definidos por parte dos dous conxuntos fixo as delicias dos aficionados que acudiron ó encontro.
Así, no 1º cuarto no que os dous rivais mediron as súas armas tanto en ataque coma en defensa o marcador quedaba a favor do equipo visitante.
Xa no 2º cuarto o técnico larachés soubo ler ben o partido e organizou ó seu equipo para sacarlle unha vantaxe de máis de dez puntos ó longo de todo o cuarto cun Brais espectacular en anotación, mais no último minuto José Collazo lesionouse de forma grave nun tobillo, polo que o encontro tivo que pararse ata a chegada dos servizos sanitarios.
Tras o descanso, o Laracha quixo adicarlle unha victoria ó seu compañeiro lesionado co que a intensidade atacando e defendendo marcou este cuarto igualado en anotación.
A victoria estaba a piques de chegar, mais un exceso de confianza en defensa por parte do Laracha permitiu que o equipo local contraatacara con facilidade cedendo así canastas fáciles e rápidas co que o equipo local púxose dous puntos por diante . Pero un triple nos ultimos momentos de Jesús Graña pechou o marcador a favor do conxunto laraches nun final de infarto, dando así a victoria o CB Laracha que segue contando os seus encontros por victorias.
Anotadores C.B. Laracha: Brais 20, Jota 9, Carlos 5, Jesús 7, Chapi 5, Abel 5, Collazo 4, André 2, Lucas, Adrián, Cotelo.
Parciais: 1º 17-20; 2º 9-15 (26-35). 3º 9-9; 4º 18-10 (53-54)
Fuente: El Noticiero de Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario