Si quieres colaborar con noticias o articulos no dudes en eviarlos a nuestro email.

(Para retirar cualquier información o imagen relativa a su persona envienos un correo a baloncestozonal@gmail.com)

miércoles, 17 de abril de 2013

O Arteixo pecha a Liga con victoria sobre o Rosalia e prepara a loita polo título.

Senior 2ª división: C.B. Arteixo 94-52 C.B.I. Rosalía de Castro

Recibía o C.B. Arteixo ó C.B. I. Rosalía de Castro de Santiago no último partido da liga regular, no cal se decidía se os arteixáns ocupaban o primeiro posto do grupo. O partido deu comezo o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

Nesta última xornada o equipo volveu a rendir a un gran nivel e conseguiu o obxectivo de quedar primeiros na clasificación e así poder disputar a eliminatoria final da liga contra o C.B. Coia Seis do Nadal de Vigo.

O partido comezou con moita intensidade por parte local, con bastante acerto e con moita concentración. Así, pouco a pouco, os puntos foron subindo ó marcador. Os arteixáns dominaban o xogo nas dúas zonal e o resultado era claro ó remate do primeiro periodo, 26-18.

A pesar que o resultado era favorable e aínda que o ritmo anotador baixaba un pouco, o nivel defensivo dos arteixáns mantíñase e aínda se conseguía aumentar un pouco para deixar ós rapaces de Ángel Castro en só 2 puntos en 10 minutos e chegar ó descanso co partido case sentenciado, 42-20.

Despois do descanso, máis do mesmo. Boa actividade defensiva que provoca moitas recuperacións de balón e canastras fáciles en contraataques. O parcial do periodo, 30-15, provocaba que os arteixáns dobrasen no marcador ós de Santiago (72-35).

No último periodo, mantense o nivel de intensidade e de xogo e, co rival xa entregado, a diferenza segue aumentando ata o 94-42 final.

A próxima semana, o sábado ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo comeza a eliminatoria da final de liga, que enfrontará ó C.B. Arteixo e ó C.B. Coia Seis do Nadal de Vigo.

C.B. Arteixo: Rober Garnelo (7); Iván (0); Diego (16); Álex (12); Guille Conchado (8); Manu (6), Edu (20); César (8); Rober Vilariño (0); Mindi (3); David (14).
Ad: Fran Lozano

C.B.I. Rosalía de Castro: García (7), Ferreiro (0), Barros (5), Bouzán (4), Lago (14), Paz (2), Fernández (10).
Ad: Ángel Castro

No hay comentarios: